O vindeiro mes de novembro terán lugar no local social do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º) dous Faladoiros que tratarán sobre os retos da educación actual. O programa a desenvolver será o seguinte:
Xoves, 3 de novembro. Problemática e retos da educación na actualidade.
Participarán representantes dos Movementos de Renovación Pedagóxica (M.R.P.).
Presidenta de Nova Escola Galega: Mariló Canedo, Pedagoga e Profesora da Universidade da Coruña.
Presidente da AS-PG: Xoán Costa, Profesor de Lingua e Literatura Galega en Secundaria.
Quen mellor que os Movementos de Renovación Pedagóxica para realizar un diagnóstico da actualidade educativa?
Xoves, 10 de novembro. Os deberes escolares a debate.
Participarán representantes das familias e dos centros escolares.
Presidenta de CONFAPA – GALICIA: Helena Gómez Vecino, Profesora de Filosofía en Secundaria.
Profesor e director do CEIP Monte dos Postes: Fernando Vieito, Pedagogo.
Familias e profesorado en diálogo aberto arredor do interese actual.
Ambos os dous faladoiros terán lugar ás 19.30 horas e desenvolveranse nun formato de presentación e diálogo aberto cos asistentes. A entrada é libre ata completar o aforo.
comment closed